PRECISAMOS SOLUCIÓNS XA!
Esta prataforma créase por inciativa das entidades que se mencionan na cabaceira, co obxectivo de acadar o maior número de apoios posibles para a consecución dun obxectivo vital para todos: AS MELLORAS VIARIAS DOS NOSOS CONCELLOS CON SANTIAGO DE COMPOSTELA, posto que agora é o momento de facer o posible por logralo.
A finais do ano 2008, presentamos un escrito de alegación na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, ó Plan Director de Estradas de Galicia, plan que supoñía una serie de importantes inversión nas estradas , inversións que en ningún momento irían dirixidas ás vías de comunicación Carballo- Portomouro e Santiago de Compostela- Santa Comba- Baio.
Co cambio de goberno na Xunta de Galicia, este Plan quedou parado ata que o novo Goberno creou un novo plan, DENOMINADO Plan Move, con maiores inversións e garantizando que o 80% das poboacións estarán a menos de 10 minutos dunha vía de altas prestación así como a diminución da siniestralidade. Por dito motivo, queremos que todas aquelas persoas, asociacións e empresas que desexen poñer o seu gran de area para facer maior forza e acadar que se destiene parte desas inversións á realizar as melloras necesarias nas vias anteriormente citadas, se poñan en contacto con nós a través do formulario de contacto.
Agardamos contar con vostedes, posto que estamo convencidos de que a unión fai a forza, e o que logremos será de ben común.


